Este pequeno conto cheo de pictogramas poéticos ou poegramas; un termo acuñado para designar unha modalidade de poesía pictográfica baseada na busca dun ritmo de lectura que axude a «educar o ollo e adozar o oído» do pequeno lector, explica o poeta Antonio Rubio. O ilustrador elabora un traballo artesanal, con pinceladas e tonalidades de cor facilmente apreciables, ata o punto de que as texturas poden case palparse. O debuxo, que resalta sobre un fondo claro, é sinxelo e recoñecible.
Créase así «un exercicio poético de gran sinxeleza e forza musical». Así, o neno ou nena aprende como se le de esquerda a dereita, de arriba abaixo, e que o paso das páxinas é o devir dos versos.
Dada a menor importancia da grafía, as imaxes adquiren toda a forza comunicativa. Son imaxes lexibles, que se articulan de igual modo que as palabras, coas súas sílabas contadas. Imaxes que se dispoñen á maneira dos versos; ordeadas, medidas, con ritmo e rima final. Imaxes que poden ser lidas de forma autónoma dende a idade máis temperá.
IDADE RECOMENDADA a partir de 0 meses
EDITORIAL Kalandraka
AUTORES Antonio Rubio e Óscar Villán






Valoraciones
No hay valoraciones aún.