Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila… Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación,… E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o trazo rápido ou a colaxe. Un acartonado ideal para aprenderlles ás crianzas os fermosos nomes dos insectos en galego que conta cunha sonora sorpresa final.
IDADE RECOMENDADA a partir de 2 anos
EDITORIAL Kalandraka
AUTOR Eric Carle






Valoraciones
No hay valoraciones aún.