Patas arriba galego Kalandraka

Comparte:

16,00 €

Derenne, Anne
Traducción: Ballesteros, Xosé
Un divertido libro-xogo que convida a lectores e lectoras a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado.

Sin existencias

¿Te avisamos cuando esté disponible?

SKU: 43442 Categoría: Etiquetas , ,

Derenne, Anne
Traducción: Ballesteros, Xosé
Un divertido libro-xogo que convida a lectores e lectoras a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun final non desexado.

Os animais descansan, aliméntanse, refréscanse… É un día de paz e tranquilidade interrompido pola estrepitosa chegada do elefante que, dando fortes alancadas, puxo a sabana «Patas arriba»: o león acaba enchoupado na charca e ata a copa das árbores rebotaron o crocodilo, o antílope, as cebras… A voz narradora anima o lector ou a lectora -en quen recae o protagonismo desta divertida aventura- a axitar o libro para devolvelos á súa posición inicial, pero as sucesivas interaccións non teñen efecto e, a cada sacudida, a desorde vai máis aló, desafiando a lei da gravidade e alterando mesmo o aspecto dos animais.

Dunha forma directa e distendida, a autora vai marcando a intensidade (forte ou suave), o sentido dos desprazamentos (arriba e abaixo, esquerda e dereita) e engadindo un toque de maxia e emoción ás súas instrucións. A lectura convértese así nunha áxil coreografía, facendo que o libro se transforme nun xoguete para o goce individual ou colectivo. Ademais, as páxinas de «Patas arriba» permiten coñecer os habitantes deste rincón da natureza, descubrir os rocambolescos bandazos que experimentan con tanto meneo, enumerar, practicar movementos sinxelos e comentar a presenza dun personaxe ameazante, que axexa agochado.

Edad recomendada: A partir de 4 años

EDITORIAL: Kalandraka

 

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Patas arriba galego Kalandraka”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba
Producto 0,00 €
Loadding...