Orellas de bolboreta Kalandraka

Comparte:

14,00 €

Aguilar, Luisa
Neves, André
Traducción: Manuela Rodríguez
Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.

Sin existencias

¿Te avisamos cuando esté disponible?

SKU: 64662 Categoría: Etiquetas , ,

Aguilar, Luisa
Neves, André
Traducción: Manuela Rodríguez
Mara é especial e nada nin ninguén conseguirá restarlle valor ás súas calidades porque a súa nai lle deu a clave para saír airosa de calquera crítica: autoestima, imaxinación e espontaneidade.

Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou gordecho… Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre os nenos. Cómpre un libro para demostrarlles que eses comportamentos son reprobables. Especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que transmite este relato é que convertan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza fainos fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. A figura materna destaca como referente vital da protagonista, que contesta os comentarios dos nenos seguindo os consellos da súa nai: o que outros ven como un defecto, para Mara é unha vantaxe da que os demais carecen. Luisa Aguilar é a autora deste texto sinxelo, cheo de sensibilidade e de forza literaria, que nos transporta a un mundo de formas, cores, emocións e sentimentos. As fermosas ilustracións de André Neves destacan polo seu colorido e pola riqueza na combinación de elementos téxtiles, aplicacións de papel e cálidas texturas.

Edad recomendada: A partir de 6 años

EDITORIAL: Kalandraka

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Orellas de bolboreta Kalandraka”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba
Producto 0,00 €
Loadding...