Grazas kalandraka galego

Comparte:

14,00 €

Isabel Minhós Martíns

O meu pai ensinoume a ter paciencia.
A miña nai explicoume que ás veces é mellor non esperar.
A miña avoa María sempre di que «non hai un minuto que perder».
Pero para o meu avó Filipe: «O mellor do mellor é descansar»…
Ter paciencia, valorar a disciplina e obedecer os maiores.
Saber gañar e perder, integrarse nun equipo, practicar
o compañeirismo. Saber escoitar e disfrutar do silencio,
ir afrontando retos para perder os medos, ser prudentes
e perseverantes. Apreciar a beleza dos momentos
e das cousas que nos rodean…“Grazas!” é unha mensaxe
en forma de álbum ilustrado dirixida a cantas persoas
pasan pola nosa vida e contribúen á nosa educación,
axudándonos a forxar a nosa maneira de ser e de actuar
na sociedade: a familia, os amigos, a veciñanza, a escola…

Sin existencias

¿Te avisamos cuando esté disponible?

Categoría: Etiquetas , ,

Minhós, Isabel
Carvalho, Bernardo P.
Traducción: Xosé Ballesteros
A familia, os amigos, a veciñanza, os profesores e compañeiros…de cantas persoas aprendemos ao longo da nosa nenez!

Ter paciencia, valorar a disciplina e obedecer os maiores. Saber gañar e perder, integrarse nun equipo, practicar o compañeirismo. Saber escoitar e disfrutar do silencio, ir afrontando retos para perder os medos, ser prudentes e perseverantes. Apreciar a beleza dos momentos e das cousas que nos rodean… “Grazas!” é unha mensaxe en forma de álbum ilustrado dirixida a cantas persoas pasan pola nosa vida e contribúen á nosa educación, axudándonos a forxar a nosa maneira de ser e de actuar na sociedade: a familia, os amigos, a veciñanza, a escola…

Contado en primeira persoa con frases breves que describen situacións cercanas e cotiás, permite que os lectores se identifiquen con vivencias propias ou experiencias próximas. As ilustracións -a base de trazos soltos e cores luminosas que transmiten positivismo- reflicten escenas do fogar que transcorren no campo e mais na cidade, encontros con xente moi diversa coa que se interactúa día a día, espazos para a diversión e o xogo.

…Unha aprendizaxe que traspasará a nenez e durará toda a vida.

Edad recomendada: A partir de 4 años

EDITORIAL: Kalandraka

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Grazas kalandraka galego”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba
Producto 0,00 €
Loadding...