Elmer galego Kalandraka

Comparte:

15,00 €

McKee, David
Traducción: Xosé Manuel González
A historia do entrañable elefante multicolor é un clásico inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación. Cada 26 de maio celébrase o o Día Mundial de Elmer.

Sin existencias

¿Te avisamos cuando esté disponible?

SKU: 64380 Categoría: Etiquetas , ,

McKee, David
Traducción: Xosé Manuel González
A historia do entrañable elefante multicolor é un clásico inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación. Cada 26 de maio celébrase o o Día Mundial de Elmer.

de Elmer é de moitas cores e, malia que quixera parecerse aos seus conxéneres, sempre será multicolor. Afortunadamente! Con máis de 30 anos dende a súa publicación, este clásico da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea aborda con humor e con simpatía as dificultades para aceptarnos tal como somos, recoñecendo e poñendo en valor o que nos diferenza dos demais. Co apoio dos seus compañeiros, que aprezan a súa ledicia e o seu carácter aberto, o tenro e entrañable protagonista desta serie mundialmente coñecida logrará superar a inseguridade, a tristura e o rexeitamento inicial que sentía polo seu aspecto. Unhas ilustracións cheas de colorido e contrastes, e un relato con tensión narrativa ben resolta, fan desta obra un recurso imprescindible para primeiros lectores. A historia de Elmer, que protagonizou máis dunha vintena de títulos editados en numerosos países, remóntanse a 1968. O autor paseaba pola súa cidade natal coa súa dona −de orixe anglo-india− e a filla de ambos cando, na outra beira da rúa, un rapaz aldraxou a nena. Coa influencia artística de Paul Klee, o autor preséntanos esta divertida criatura de aspecto “amarelo, laranxa, vermello, rosa, violeta, azul, verde, negro e branco” para enxalzar a tolerancia e o respecto polas diferenzas, afondar no autocoñecemento e na individualidade, e destacar a importancia de ser un mesmo.

Edad recomendada: A partir de 3 años

EDITORIAL: Kalandraka

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Elmer galego Kalandraka”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Volver arriba
Producto 0,00 €
Loadding...