«Bim Bam Bum» son tres amigos que van á praia e, polo camiño, van sumando bañistas a esta sonora e onomatopeica comitiva. Seguindo un esquema baseado na repetición, nos diálogos breves e na acumulación de personaxes, a historia avanza de forma áxil, dinámica e melódica. As fendas no patrón narrativo son o factor sorpresa que incentiva a lectura con refachos de humor e frescura. Entre os protagonistas hai nenas e nenos de distintas idades, canda animais humanizados, que se desprazan a pé ou sobre rodas, que amosan a cantidade de actividades que se poden facer en plena natureza, que gozan creando poemas, como o xogo fonético que resulta ao recitar os seus nomes.
«Bim Bam Bum» é unha obra alegre e vibrante, xenuína e atemporal que non só acompaña o bo tempo, senón que tamén ilumina os días grises. O colorido de cada páxina, o trazo solto das ilustracións, a variedade de planos e o dominio do espazo formando unha secuencia de estilo cinematográfico, ademais da simpatía deste peculiar grupo de amigos, completan unha proposta que resalta o afán lúdico da infancia e a felicidade que debe prevalecer nesta etapa da vida.
IDADE RECOMENDADA a partir de 3 anos
EDITORIAL Kalandraka
AUTORA María Girón






Valoraciones
No hay valoraciones aún.